xoves, 1 de outubro de 2020

Sabedes o que tedes a un palmo do embigo dirección terra?
pois esa mierda vaivos foder literalmente a vida, vaivola condicionar o seu puto gusto, o sentimento de culpa ven desa parte do corpo coma a nausea do estómago e da saliva, desta ultima ides tragar moita,e unha Idra de sete cabezas que só unha ten acesa en contínuo, pra foderche a vida de novo.
100 amperios de intensidade queimandote
100 arcadas esperando a que pote
101 hostias gordas da vida
-100 de vida
dando tumbos 

martes, 26 de maio de 2020

IRSUS

E de repente aparece-ches da nada 

coma ese soño que me persegue 

de liñas infinitas 

e estética Tron: Legacy

como un flash eléctrico 

que diría a Prohibida

coma unha nai cando ves de saír 

e espera por ti a altura do corredor 

despois de meter demasiado ruído 

en modo floreiro 

cos brazos nas cadeiras 

e ti tentando abrila porta 

co meirande mareo na cachola



"¡Maldito camareiro!" 



E como viñeches fúcheste 

igual que un amor de verán 

un gran postcoital 

unha arcada de cocaína 

un haiku.

martes, 10 de xaneiro de 2017

1 Dream 1 Day

O utro día soñei que era o limpiador do mausoleo de Lenin, non e coña, flipei. e rompía co mocho unha especie de figura de cristal como de Lladró, non chegaba a Murano. Tiña forma parecida a un fruteiro dos  90, e un tío, vestido de militar ruso sacábame tarjeta roja .
Eu non quería vela momia, porque me daba mal rollo.Asique limpaba polos arredores sen mirala
Nesto que despertas cunha perna agarrotada dun calambre e pensas, este día promete, voume poñer un temazo pra ir collelo ómnibus.

                                          Ninca Leece - On Top Of The World

O puto microndas coma sempre non ten término medio, abrasalo peteiro, primeiro xuramento, un mecagoendios entrecortao alargando o  diossss!A todo isto son as 3 da tarde e arrincas que entras a choiar a 5 e quedache unha viaxe de hora e pico, pra facerlle unha media xornada ate as cinco da mañan da que chegas on fire e non durmes ate, as sete ou cando empezas a oilos paxariños piando.

E o paxaro de sempre a defecarme na venta, e terei que limpalo coma de costume, sorte que e merda e non unha egagropila
Penso que sei quen e, un rabirrubio tizón ou "Phoenicurus Ochrurus" teñen unha forma de voar moi peculiar esta especie, e pode quedarse parada no sitio pra coller insectos coma o Lagarteiro ou outras rapaces.
Teño visto apoiado no alfeicer moitas veces de ahi as miñas sospeitas. 
Coma esa tempada  de meses que me pasei oindo un berro estrano que me daba arrepios, ate que descubrin que era un moucho branco fermoso que cando planeaba co seu voo xordo, dábaselle por berrar sempre que pasaba por preto dos meus aposentos, pero esa e outra historia.





domingo, 3 de xullo de 2016


Judy

Cando entrei naquel bar tan petado a esas horas, e me percatei que era un campo de nabos, non dudei por un instante que a a camarera tiña que estar ben buenorra. Meu dito, meu feito.
De detras desas cortinas de madeira, que soen poñer para evitar que entren as moscas na cociña (ou non sei pra que carajo as poñen),  tras un diestro manotazo asomaron un escotazo de vertixe (vaia tetazas!!) e unha falda RC (e ollo que RC non é marca ningunha,  sonche as siglas de "a Ras de Cona").

E  mentras Judy se abalanzaba sobre min facendo aspabentos cunha albarabía de "-Aaaiiii cariño!! por fin me ves visitar!!" puiden comprobar como se esgazaban pescozos arredor dun, e se me ía espetando os poucos o pesado ollar de toda a piara de babexantes humanoides  que alí se vía congregada.
Boa foi a sorpresa de toparme a esta coleguilla, que xa tempiño facía que non vía, e ca cal sempre coincidía nos garitos de sempre. Vese que nalgún momento olvidei que me había mentado que comezara a choiar a pobre neste puto antro.

A Judy sempre foi algo escandalosa, pero jodidamente simpática. E moi boa tia.
Unha madraza separada dun jañán que lle deu moi mala vida.
Do bicho ese temos rajado moito, e ben que lle tomamos uns chupitos a súa saude cando nos enteramos que acabara en Teixeiro por non sei que movida de drogas en puticlubs da Picaraña. 
Pena do pequeno Jonatan, o nome foi idea do pai, xa vos digo que era un jañán con tintes de cani. Pero ela o meniño  queríao con loucura e de sempre choiou como unha campiona pra que non lle faltase nunca de nada.

Nisto que algún  dos bufalos presentes a reclamou, e proclamando un sonoro "-Xa vou, coño!!!, tate tranquilo que non vas morrer de sede!!!" , chiscoume un ollo e dixome que agora viña .
No intre en que ela se pirou tras as cortinas  atisbei como seis ou sete caras de odio hacia min namentras o resto de infraseres perseguían ca mirada, como se en focos de orquesta se reencarnaran, o cu da miña amiga.
Cando voltou díxome:
-Tómate o que queiras que o xefe é un capullo que non fai máis que meterme ficha, e estás invitadísimo por el.
jajaja!!!! rimonos un pouco e solteille a típica pregunta:
-Que tal por aqui,?
-Pois xa ves o panorama ...
-E ti non podes vir un pouco mais discretiña, miña reina.
-Esixencias do guión. Non sabes a pasta que me saco en propinas! A estos xos teño dominados. É peor cando veñen os do equipo de futbol, que eu non son parva nen sorda, e xa lles oín facer porra de cal se deitaría conmigo antes. E non vexas a de fichas asquerosas que me soltan os "zagales de los cojones", deben pensar que son unha mula. Ou que as mulleres nos gusta que nos digan barbaridades, porque se non... no no entendo.
Risas outra vez, e pregunto claro e conciso:  
-E xa te tiraches a algún, perraca? 
-Serás mamonazo!!  Non flipes!! Teria que tar moi pero que moi desesperada, e nin con esas. Prefiro arrastralo coño polas ortijas...
JAJAJA máis risas a esgacho.
-Que grande eres tia.
-Ben sabes que eu co único que me iría seria contigo, pero como sei que acabaría no inferno non o fago
-Nunca o tentaches.
-Nin falta que me fixo, xa sei que ti tes outro público, e nunca te liarías cunha camareta separada. Inda que teña este corpazo pro pecado- chiscada de ollo  en primeiro plano incluida.
-E esa pinta de pecadora!!-lle espetei.
-Cabronaso ,como sabes alagar a unha dama.   Íjolee!-espetou con acento mexicano.

Apurei a caña mentras a Judy poñía uns cuantos cubalibres de ginebra as 11 da mañan. Tiñan  cara de vir dun after eses elementos os que ela servía. E ben que rían eses carallos, de mandíbula sen control, sen deixar de mirar os ben feitos atributos que a colega mostraba. Sen descaro a unha e con moito descaro  as miradas do personal por suposto, algún deles ben que a estaría a follar coa mirada.

Fixenlle señas e veu a despedirse.
-Importache que faga unha cousa?-
Mireina con asombro tras oirlle iso.
-Ehh, non... o que queiras...-medio balbuceei.
E raudamente me espetou un morreazo con língua atraendome cas duas mans con denositada forza para que nin ocasión tivese de facerlle a cobra.  Tal ataque de duracion indeterminada  deixoume ben flaseado.
Nin un segundo transcorreu tras verme libre de movementos cando nos meus oidos resonou un
"-Ata despois meu amore, vemonos en casiña!!!" Proclama feita para toda a audiencia sen duda ningunha.
Deu nisto a Judy un xiro sobre unha perna, (e que perna!!) e marchou contoneandose cal diva holliwoodiense, quedando ahí o menda este a cores, nun extremo dun bar, e con toda a clientela dubidando se morrerlle de envexa ou matarme a coiteladas.

Pra próxima que nos vexamos de seguro que nos habemos rir do asunto.
De feito namaís saín da tasca xa lle mandei un guasap:
"-SERÁS CAPULLA", así todo en maiusculas.

Tres tristes pasos tardei en recibirlle unhas flamencas, unhas cariñas escachando a rir, uns bicos...
...e un "VOLVE VISITARME MEU AMORE".



martes, 26 de abril de 2016










Fai anos, pra poder xulgar a unha persoa, tiñas que ter unha longa ou curta charla con ela, e algún resorte da tua cachola dicíache, este tí@ é ¡gilipollas! 


Agora gracias a Satanas temos o facebook pra confirmarnos estas teorías. Pois nesta entrada vou "rajar" de to Dios, facendome eco do que a xente publica nas redes sociais, e como isto influe no pensamento meu de como son, ou como parecen e padecen. Aquí deixo unha pequena lista de persoaxes que ves tódolos días polas redes. Podedes axudarme a completala con outros que eu non mencione.

Os Animalistas: fotos de cans maltratados, abandoados , historias de superación con animais, o meu mellor amigo e un can, posiblemente non se equivoquen. Pois destos teño uns cantos na miña rede, algún día resultanche cansinos, pero se respetan ós animais e a natureza, teñen que ser boa xente, inda que tamén podes amar os animais e rajar das persoas a morte.

Os Desnamorados : aquí estos poden ser de varias clases, os de desamor por ruptura de parella, ou do mundo, estados do estilo de "si non me quixeche cando era asi non veñas agora..." ou rajadas peores do ex, ou do mundo en xeral . Admito que algunha vez algo desto soltei.

Os dos concursos : xa sexa un Iphone ou unhas medias de licra, dalles igual, comparten o post, algún día daranse conta de que nunca lle tocou nada, e pararan de facelo, namentras seguiremonos rindo cada vez que pican nese gancho. 

Os dos mensaxes positivistas: alerta!!!, posible vegano que cre en chacras, fenshui, budismo e misticismos varios. Se os coñeces en persoa, "al loro" coa chapa que poden dar cos beneficios do Reiki e dos cuencos Tibetanos.

Os musicais: partillan vídeos de grupos, poden ser mono temáticos cun grupo, con gusto musical ou sen el, destos as veces podes sacar un tema bo, de vez en cando. Persoalmente prefiro os que comparten temas de petardeo musical ou bromas sacadas do Rellano.

Os pseudo periodistas: cuidadito con estos, opinan de todo, teñen un master en ser máis guai ca ti porque militan de pegacarteis nalgun partido. Ten tino cando te posiciones con algun tipo de opinión, que sempre teras rondandote un comentario destos, deixando latente o seu control total da politica actual e pasada.

Os politizados: da mesma raza que os anteriores comulgan coma co catecismo con todo o que o partido solta das suas fauces, abandoaron o pensamento crítico pola comodidade de que pensen por ti.

Os que escreben cousas sen sentido: vale, neste podo entrar eu, as veces quentome e vaiseme, normal son humano, creo? . Estos tamen son un pouco como tua nai co móvil,, unha batalla diaria pra explicarlle como guasapear ou mirar as necrolóxicas do correo no google. Teñen tendencia a comentar onde non escribiches.

Os dos putos xogos: que vicio tedes jodidos, siguenme chegando invitacións que claro esta, ignoras totalmente, fas un pouco o mesmo con eles.

Quedanme moitas especies e subespecies coma os cocinillas os deportistas, etc, estos son os máis tipicos do face, pero por Instagram, Twitter e outras redes tamén pululan persoaxes dignos de mención.

xoves, 10 de marzo de 2016

Nos anos de catecismo perpetuo, e das misas interminables. 

O Cura don Pascual, alias Skatman, tamén coñecido como, Pascual bellotas me chupas las pelotas, bellotas Pascual, me las chupas igual. Isto era o que lle cantábamos a el, nos anos do catecismo perpetuo e das misas interminables. 

Tremendo cura nos gastábamos cando eramos pequenos.Que misas!, que funerales!, que desastre era don Pascual. 


Tiña aquel pobre home, un can cheo de carrachos, alí!, condeado a cadea perpetua, pobre animal. O cánido ladrábache con voz ronca, mentres ías a buscarlle auga pras frores que se lle poñen en día de defuntos, ó manantial que nace debaixo da igrexa de San Pedro de Bugallido. "Iso si que era un cura, e non os de agora", diría un dos nosos maiores, coa mirada perdida no buraco, da Cidade da Cultura.

Bueno, confeso que fai como cinco anos, que non piso unha misa. 

Creo que co señor Don Pascual vencín o cota de misas na pre adolescencia. Catro o mes fixas, a dos domingos, durante catro anos... (asistin a máis fijo!) dan un total de 192 misas.

Foron demasiadas horas da miña vida na que vin a mesma obra de teatro, a parte era, teatro de vangarda.
De cando en vez, lía algunha lectura e o misal, pero por curiosidade na sacristía. 
Mentras, don Pascual púñase o ábito e saía a torear a unha praza, que xa coñecía, cun público entregado a presencialo acto. 
Que como é o caso dos enterros, todos pasaremos por un, excepto vampiros, e Yordi Hurtado. E sempre que asistes a un, antes ou despois, acabas pensando no teu.
Había domingos que non se collía, coa de xente que se congregaba, creo que agora perderon algún adepto por esos ministérios del Señor, xa temos internet e pasamos da misa.Unha ó ano, non fai dano, máis, teñamos esta máxima presente.

De momento, o único cura que oín, cagarse en Dios a gritos. Acababa de caerlle, un dos bancos que estábamos a subir dos do altar do calvario para situalas velas para a Candeloria, encima dun pe. Tíñamos que desculpalo, xa levaba tres misas encima, e a botella de viño por misa. 

A última homilia da tarde, era digna de ser presenciada. O homiño versaba en Latín e Castelán, a velocidade supersónica e baixaba a modo cruceiro, vamos, recitando de memoria o aprendido no seminario, esa casa de locas. E todo isto, baixo os efluvios de Baco, tenche o seu mérito.

Molaba cando abría a alacena que tiña na parede preto do altar maior, na que gardaba o viñaso, que se pimplaba con tremendo alzamento de cáliz.  posteriormente consagrado en cuerpo y sangre de cristo nuestro señor, e saía o morcego que alí durmía, entre hostias sen consagrar,  pastillas de incenso, e risas dos presentes. 

Recordo que don Pascual, tampouco e que tivese unha afición grande a limpeza corporal, e en xeral. Tiña un aire Quixotesco desaliñado, moi de tendencia , ZARA se les isto, deixa de producila roupa a base de escravitude e xa tardades en sacalo outfit zarapastroso, nivel, cura de bujallido.

Creo que algunha vez non me quedou máis remedio e tiven que ler, cousa que odiaba , o bo e que había moito e moita beata, disposto a deleitarnos con tremendos castrapos e interpretacións persoais de nomes de personaxes e escenas, desa magnifica novela de aventuras.A Totoia ou Carmiña do Ferreiro(creo que as confundo) era outro persoaxe que pululaba por alí digno de mención ,típica beata entregada a causa, de pelo afro e como non, Catequista de aspecto e convicción.

O catecismo eran unhas risas, tiñas que ir, porque todos ían, e onde vas Xan? onde vai Pedro, e non digo eu que como forma pa socializar, pero nin iso. Creo recordar que eran dúas ou tres horas asi que, votade cálculos, e sumalos o das misas. 
Paso moito, de facelo reconto do tempo, que a doutrina por momentos, con pouca idade ata case mo crin, tentou que comulgase con todo aquelo. 
E por sorte para min xa emitían Gocu, e atopei realmente ó meu Dios, que non era Gocu, el so me fixo pensar no poder dunha boa historia.
Pero o gordo do asunto, o mais heavye eran os Catequistas, Diooooos!,Aaaaaa! non vou falar de ningún, así en xeral, tíos! Así entre nos, que coño fumabades, era crack, como Whitney?


mércores, 9 de marzo de 2016


Cuanto sufrimos las madres

Este retrouso, que moito utilizo, dicíao sempre meu tío Antonio , dende o amor absoluto a súa dona, e o humor que o caracterizaban, Quedouse nunha cadeira de rodas moi mozo, nun accidente laboral, era soldador. A persoa con mellor humor que te podes atopar.

Tódolos veráns viñan dende Valencia de vacacións, paraban antes en Avilés, para recoller a tía Mercedes, a matriarca, a mesma que me soltaba diñeiro como se me estivese pasando droga, e co cal, me apañaba para poder ira a festa, e comprar petardos, dos que explosionan.

O tío Antonio contábanos tantos chistes, que tiñas despois para poder fardar deles, e rirte, todo o ano. Sempre subiamos con el a vila, ou como lle dicimos por aquí a Compostela. Faciamos unha ruta máis ou menos parecida pola zona vella . 
Un sitio que nunca faltaba por visitar, era o Gato Negro, e só pola razón  de que a porta estaba a ras de chan, e podiamos metela cadeira do tío, sen moita complicación. 
Alí coma en moitos bares xa o coñecían e o trataban polo nome, El contaba as súas historias abraiantes, coma aquela da pelexa cuns xitanos, na cal Mercedes, lle dera un trangallazo a un, cunha ristra de allos na cara. Mentres,  familia e clientes, atendían e rían. 
Eu mirábao con admiración e orgullo, e cando te collía distraído, dende lonxe, chiscábache un ollo, facéndote cómplice das súas verbas,e marcando o meu caracter de por vida.

De pequeno, o tío Antonio, traballara nunha botica preto da igrexa da Alameda, agora hai un edificio novo, e sempre que pasabamos por diante dicía: ¡Aquí traballei eu!, sacando o galego que aprendeu de Mercedes, e da súa infancia en Compostela. A tía contaba sempre, que no Carme dabaixo na época dela, aquelo ademais dunha braña, era un barrio moi pobre, coma o era ela, con cinco fillos ós que dar de comer a diario. Eeee, sí!, os nenos comen tódolos días, e o malo deles.

Agora Antonio e Antonia a sua dona viven en Extremadura, preto das Urdes, terra onde naceu ela, e da que falaba pouco, anos despois vin a película de Buñuel, Tierra sin Pan, e dinme conta do por qué. Déixovola aquí abaixo, para que vexades, como se vivía antes por esos páramos, e apreciar as similitudes coa vida dun refuxiado Sirio. Nunha liña espacio-temporal, non fai tanto disto.